Fanzines

Desde a nosa fundación, Avante LGBT+ ten producido varias publicacións sobre temas diversos que poden ser de grande interese. Aquí podes descargalos de forma totalmente gratuíta.

Fanzine 0: Benvida a Avante LGBT+

Guía práctica para toda nova integrante na organización, inclúe unha breve historia de Avante, como funciona a organización, e información relevante para xente que entra a militar nun espazo organizado por primeira vez.

Fanzine 1: Saúde sexual integral

Guía de saúde sexual elaborada polo grupo de traballo específico de Avante LGBT+ composto por expertas na cuestión. Aborda a saúde sexual desde unha perspectiva empoderante e non estigmatizante.

Comentarios sobre argumentos bifóbicos

Fanzine elaborado por un grupo de compañeiras bisexuais de Avante, no cal se recolle un compendio de artigos curtos nos que expresaron as súas vivencias e opinións.

O Nihilismo de Xénero de Alyson Escalante

Tradución ao galego de dous textos fundamentais da activista marxista trans estadounidense Alyson Escalante, cun prólogo de Xándre Garrido no que se contextualizan os textos para sinalar a súa relevancia para o activismo galego.

Galiza en loita: referentes actuais do movemento LGBT+ galego

Compendio de biografías de persoas LGBT+ galegas que son referentes xa sexa polos seus aportes ao movemento pola liberación do colectivo, ou pola súa traxectoria salientable noutros eidos, dándonos visibilidade e modelos a seguir para o futuro.

portada dofanzine 2 antipunitivismo e xustiza restaurativa

Antipunitivismo e xustiza restaurativa: que tipo de xustiza queremos?

Escolma de textos de distintas teóricas antipunitivistas traducidos ao galego. Inclúense preguntas para animar a reflexión e xerar debate, facendo deste texto unha potente ferramenta educativa.